Actividades
Que encontraremos en ENERXÉTIKA 2026?
UN ESCAPARATE CON TODA A ENERxÍA
Na área expositiva de Enerxétika 2026 converxerán unha vez máis todos os tipos de enerxía, desde convencional e renovable ata eficiencia enerxética, mobilidade sostible, material e equipos para instalacións, electrónica industrial, servizos ou formación.
Un gran escaparate onde se mostrará a tecnoloxía máis avanzada e os proxectos máis atrevidos. O compromiso do sector co desenvolvemento e a sustentabilidade volverá verse nesta mostra, con máis forza que nunca.
SIE, Salón da Innovación Enerxétika
Este espazo, que conta con gran éxito en cada edición, reforzará unha vez máis o atractivo do certame para poñer en valor a aposta de moitas das empresas expositoras pola innovación, a sustentabilidade, o desenvolvemento das enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
Un marco ao dispor de todos os nosos expositores e o seu compromiso co futuro, para que mostren dunha forma visual e atractiva os seus proxectos máis relevantes e transgresores.
AS PROPUESTAS DE EXPOMUNICIPAL
Tras as sinerxías xeradas na pasada edición, Enerxétika contará novamente coa celebración paralela da Feira de Servizos Municipais. Unha cita que dá resposta aos retos dos municipios antes o actual escenario social, o cual esixe cidades máis sostibles, eficientes, accesibles, seguras e verdes.
Mostrará o último en equipamento e servizos municipais: mobiliario urbano, limpeza, ciclo da auga, xestión de residuos, obra pública, sinalización ou paisaxismo, entre outros.
UN MAGNÍFICO PROGRAMA DE XORNADAS
O seu extenso e variado programa de conferencias, talleres e seminarios converteuse nun auténtico distintivo desta feira e nunha fantástica ferramenta informativa, formativa e pedagóxica para os miles de visitantes que nos acompañan edición tras edición.
As xornadas técnicas seguirán sendo protagonistas, con temas de máximo interese marcados pola transformación do sector e debullados por recoñecidos expertos.
CIRCUITO DE PROBAS
Os máis de 400.000 metros cadrados do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA permitirán unha vez máis dispoñer dun fantástico circuíto de probas relacionado coa mobilidade sostible.
Será perfecto para que o público visitante poida testar e experimentar a condución de vehículos eléctricos, híbridos ou de combustibles alternativos.
MULTITUD DE ACTIVIDADES EN LOS STANDS
Numerosos expositores aproveitarán o importante impacto mediático da feira para realizar accións promocionais ou actos corporativos. O certame convértese nun fabuloso altofalante para a organización de asembleas, entregas de distincións, firmas de convenios, celebración de aniversarios…trasládanos a túa idea e estaremos encantados de facer que se transforme nunha realidade.
Ademais, distintas entidades centrarán a súa presenza expositiva na divulgación e a aprendizaxe.


































