O V Foro da Biomasa explorará o papel do sector como catalizador cara a neutralidade climática e o seu carácter estratéxico para Galicia

  • TERÁ LUGAR O PRIMER DÍA DA FEIRA ENERXÉTIKA, A CAL SE LEVARÁ A CABO DO 11 AL 13 DE ABRIL NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
  • MÁIS DUNHA VEINTENA DE EXPERTOS APORTARÁN O SEU PUNTO DE VISTA E ENRIQUECERÁN O OBXETIVO DESTA CITA: INTERCAMBIAR COÑECEMENTOS E EXPERIENCIAS DE FORMA PARTICIPATIVA E TRANSVERSAL

Silleda, 7 de abril de 2022.- O certame Enerxétika 2024, o cal terá lugar do 11 ao 13 de abril no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acollerá o Foro da Biomasa, que celebra a súa quinta edición baixo o lema “A biomasa, unha oportunidade estratéxica para Galicia”.

Organizado polo Clúster da Biomasa de Galicia, explorará o papel do sector da biomasa como catalizador cara á neutralidade climática, enriquecendo o debate mediante a colaboración activa dos distintos axentes e a integración de prácticas exitosas tanto a nivel local como rexional, resaltando a relevancia estratéxica da biomasa no contexto específico de Galicia.

A cita será inaugurada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández; o director da Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta, Jacobo Aboal; o presidente do Clúster da Biomasa de Galicia, Francisco Álvarez; e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.

A primeira sesión abordará a biomasa nas AAPP de Galicia. Nela Juan Ignacio Rodríguez, director de Enerxía do INEGA, falará da biomasa para usos enerxéticos na Axenda Enerxética de Galicia 2030; Jorge Manuel Blanco, subdirector de Promoción Internacional e Rural Intelixente do Agader, fará o propio co proxecto Aldealix e o impulso nas Comunidades Enerxéticas baseadas na biomasa; mentres que Fernando Blanco exporá as redes de calor con biomasa na Consellería de Educación e Juan María Sánchez, director de estratexia e desenvolvemento de negocio de DH Ecoenergías, abordará a viabilidade de redes de calor urbanas con biomasa en Galicia.

O segundo bloque centrarase no recurso forestal en Galicia e dixitalización, e con esta premisa o seu primeiro relatorio analizará a evolución de superficies forestais en Galicia, o aproveitamento de masas actuais e a súa potencialidade, sendo a encargada Laura Alonso, investigadora postdoctoral na Escola de Enxeñería Técnica Forestal da Universidade de Vigo. Pola súa banda, o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, exporá as necesidades de dixitalización e permisos de corta e fortra; Manuel Meijomil, de Leña Galicia, falará sobre leñas de calidade controlada nun mercado de 1 millón de toneladas, e Santiago Montero, de Biforca, analizará a evolución do mercado das astillas enerxéticas e os requisitos de sostibilidade.

A terceira das sesións versará sobre os retos da biomasa no futuro mix enerxético, un aspecto sobre o que aportarán o seu punto de vista Javier Díaz, presidente de Avebiom; Conrad Paga, project manager do Clúster da Bioenerxía de Cataluña; Francisco Álvarez, presidente do Clúster da Biomasa de Galicia de Galicia; e Roberto Bravo, presidente de Apropellet.

O pellet e a descarbonización, en dúas mesas redondas

Entre a segunda e a terceira sesión, o foro acollerá dúas interesantes mesas redondas. A primeira delas afondará no pellet de madeira, a súa evolución e novos escenarios regulatorios, participando Rubén Mosquera, de Ecofogo; Luz Pardo, de Biomasa Forestal; Juan Manuel González, de Goncer Calefacción; Pablo Alonso Cameselle, de Ecoforest; Pablo Rodero, presidente do European Pellets Council, e Fernando Hernández, secretario técnico de Apropellets.

Pola súa banda, na segunda das mesas redondas analizarán a descarbonización da industrial os expertos Ramiro García, de Medio Ambiente Finsa; Carlos Méndez, product manager de Ceamsa; Rubén Saint-Marc, xefe de enerxías do Grupo Coren, e un representante de Magnon Green Energy.