Enerxétika´26 reunirá a instaladores e rehabilitadores para achegarlles as claves dos certificados de aforro enerxético e a IA no seu traballo

  • A FEDERACION DE ASOCIACIÓNS DE EMPRESAS DA REFORMA E REHBILITACIÓN DE GALICIA E LA FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS DE INSTALADORES ELÉCTRICOS E DE TELECOMUNICACIÓNS ORGANIZARÁN ACTIVIDADES SOBRE ESTES E OUTROS TEMAS DE INTERESE PARA ESTES ÁMBITOS
  • O EVENTO CELEBRARASE DO 25 AO 27 DE MARZO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA)

Silleda, 13 de marzo de 2026.- A feira de enerxía Enerxétika, a cal celebrará a súa quinta edición do 25 ao 27 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, conformará un interesante foro para instaladores e profesionais relacionados coa pequena e mediana obra de reparación, reforma e rehabilitación. Así, ademais da multitude de propostas presentes na área expositiva dirixidas a eles, tamén contarán cun interesante programa.

Unhas actividades que se celebrarán de man da Federación Galega de Asociacións de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións (FEGASINEL) e da Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL).

En canto a FEGASINEL, organizará tres interesantes xornadas para os instaladores. A primeira delas terá por título “Caes: oportunidades para o instalador” e expoñerá as posibilidades do Certificado de Aforro Enerxético, documento que acredita un aforro de enerxía final equivalente a 1 kWh, logo de realizar unha actuación de eficiencia enerxética. Desta forma, por cada kWh de aforro anual pódese obter 1 CAE. Monetízanse así os aforros enerxéticos, recuperando parte do custo dos investimentos en eficiencia enerxética, xa que o usuario final pode recibir unha contraprestación se vende CAEs obtidos mediante o Sistema de CAE, no que interveñen o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, así como xestores autonómicos e verificadores independentes.

O segundo dos encontros centrarase na tramitación de expedientes UFD e explicará as novidades relativas á plataforma de tramitación e solicitude de subministro, mentres que a terceira versará sobre a certificación dun asesor enerxético e os axentes Feníe Enerxía.

A IA en reforma e rehabilitación

Pola súa banda FEDERGAL realizará unha acción formativa de alto valor práctico en intelixencia artificial aplicada a unha empresa ficticia que incluirá unha charla práctica e demostrativa orientada á sensibilización e visión estratéxica no ámbito da reforma e a rehabilitación.

Ademais, esta federación celebrará en Enerxétika 2026 a súa asemblea xeral, acto reservado aos asociados e asociacións integrados en FEDERGAL