Expositores


Page 1 of 0
sedexpo-logo

SEDEXPO

¿Queres acompañarnos como expositor?

Un certame único nun espazo único, no que terán cabida tódalas pezas clave que conforman os ámbitos da SEGURIDADE, a DEFENSA e as EMERXENCIAS.

Cómo ser expositor?

formulario-contacto

Despois de consultar o DOSSIER da feira, podes enviarnos o BOLETÍN de Participación perfectamente cuberto como mostra do teu interese en formar parte do noso Certame.

documentacion

Confirmarémosche a recepción da túa reserva de espazo e farémoche chegar toda a documentación necesaria para completar o proceso e coñecer tódalas túas necesidades.

presupuesto

Como paso final do proceso, enviarémosche un orzamento perfectamente detallado para que poidas aprobalo.

precios

Consulta las TARIFAS de SERVICIOS feriales para preparar tu stand.

sedexpo-logo

Oportunidades

¡Non o dubides e aproveita tódalas oportunidades que SEDEXPO che ofrece!

cierra-acuerdos

Pecha acordos

Altos representantes e “decision makers” de forzas armadas nacionais e internacionais, de corpos de seguridade e emerxencias, así como de organismos públicos e empresas, estarante a agardar.

hazte-protagonista

Faite protagonista

A feira é o escaparate ideal para mostrar ao sector os teus produtos e servizos, poñendo en valor as características que os fan únicos.

sorprende-y-diferenciate

Sorprende e diferénciate

Se valente, xera marca e destaca entre a túa competencia investindo na túa presenza
e realizando accións que impacten no público visitante.

fideliza-clientes

Fideliza aos teus clientes

Gaña aos teus clientes e préstalles un trato diferencial e exclusivo. É o evento idóneo para que poidas estreitar esas relacións.

llena-tu-agenda

Enche a túa axenda

Relaciónate e xera novos contactos de interese para o teu negocio, pois moitos potenciais clientes e colaboradores están a desexar coñecer o que podes ofrecerlles.

aumenta-tu-visibilidad

Aumenta a túa visibilidade

Non perdas a oportunidade de facerte ver, realizando accións que reforcen a túa marca e a túa presenza, e aproveitar así a impresionante cobertura mediática que terá o evento.

visualiza-el-futuro

Visualiza o futuro

A feira será unha poderosa ferramenta para intuír cara a onde vai o sector, detectar tendencias e tomar nota para adiantarse a todos os seus competidores innovando no seu produto ou servizo.

renueva-tu-formacion

Renova a túa formación

O evento contará cun espectacular programa de conferencias e actividades en
que adquirir e compartir coñecemento, experiencia e visión a través da participación de importantes líderes de opinión e de recoñecidos especialistas e profesionais do seu sector.

evalua-sondea

Avalía e sondea

Mostra os teus produtos e servizos aos visitantes profesionais e obtén os seus comentarios e opinións de primeira man. As feiras son o laboratorio perfecto para a investigación de mercado.

participa-gana

Participa e gaña

Amosa todo o que podes ofrecer ao teu sector participando nos nosos concursos de innovación, e visibiliza todos os esforzos da túa firma por ser líder no sector.

SEGURIDADE PÚBLICA E PRIVADA

DEFENSA

EMERXENCIAS